A segunda volta comeza para o Cisne con derbi no Rosal

Pontevedra
10 de decembro 2021

O conxunto pontevedrés, líder sólido do grupo na División de Honra Prata, visita este sábado (19.00 horas) a un Atlético Novás en progresión e que "gañou 4 dos últimos 5 partidos", avisa Quiños

Jabato, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Villa de Aranda no Pavillón Municipal
Jabato, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Villa de Aranda no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán afronta esta fin de semana o inicio da segunda volta de competición na División de Honra Prata, na que marcha como líder sólido.

Os pontevedreses fano ademais cun derbi provincial na "cancha complicada" do Atlético Novás no Rosal, avisa Marcos Otero ' Quiños'.

O segundo adestrador cisneísta espera un duelo moi diferentes ao primeiro da tempada (vitoria clara por 29-21) xa que o Novás "ten bo equipo, empezaron a tempada quizais algo dubitativos, non como desexaban, pero aos poucos engancháronse á liga, xa van terceiros e gañaron 4 dos últimos 5 partidos", avisa.

A ese bo momento do rival hai que engadir que a do Rosal é "unha cancha que sempre aperta moito" e que por tanto esixirá "máxima concentración".

O encontro disputarase este sábado 11 de decembro a partir das 19.00 horas da tarde.