Mala xornada para os equipos sénior do Voleibol Pontevedra, xogando ambos os dous como locais no pavillón Multiusos da Xunqueira no que supoñía o inicio da segunda volta da competición na súa fase regular.
O conxunto feminino enfrontouse ao Xuvenil Teis, cedendo por 0 sets a 3 nun choque no que foron de menos a máis terminando por plantar cara na terceira manga.
O resultado final foi de 9-25, 17-25 e 23-25, unha derrota que deixa ás pontevedresas na quinta posición con 6 puntos.
Pola súa banda o equipo masculino do Voleibol Pontevedra recibía Xiria de Carballo con idéntico resultado de 0-3. No seu caso foi un duelo máis igualado desde a manga inicial, e tremendamente disputado, decidíndose por detalles en cada set. Así os visitantes venceron por 21-25, 20-25 e 23-25.
Os pontevedreses mantéñense desta forma no sexto posto con 6 puntos.