Despois de só uns poucos días de descanso, a Selección Española de Balonmán volveu a establecer o seu cuartel xeral en Sanxenxo para preparar a súa próxima participación nos Xogos Olímpicos de Tokyo.
Os Hispanos quedaron concentrados a última hora do domingo e este luns achegáronse ata Pontevedra para exercitarse, dando comezo así á súa última e definitiva fase de preparación.
Na primeira a Selección disputou dous encontros, un na Boa Vila fronte a Croacia e outro en Ourense ante Exipto.
Nesta ocasión os de Jordi Ribeira permanecerán na súa burbulla das Rías Baixas ata o próximo 11 de xullo, estando previstos dous choques amigables fronte a Portugal en Caminha (8 de xullo) e Vigo (10 de xullo).
Tras esa cita o adestrador do combinado nacional terá que dar a lista definitiva de 14 homes (máis un suplente para casos de emerxencia) que poderá viaxar a Xapón. Por agora en Sanxenxo atópanse 18 xogadores na concentración tras os descartes de Sergey Hernández, Iosu Goñi e Rubén Marchán e a incorporación de Gedeón Guardiola.