A Selección Española Feminina de fútbol sala xogará un amigable contra Portugal en Poio

Poio
04 de outubro 2016

O partido disputarase o martes 18 de outubro ás 20:30 horas no pavillón municipal da Seca. As entradas, á venda desde este mércores a un prezo de 5 euros

Partido da Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala
Partido da Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala

O pavillón municipal da Seca, en Poio, será escenario dun partido da Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala.

O encontro, de carácter amigable, enfrontará aos combinado nacionais de España e Portugal o vindeiro martes 18 de outubro, a partir das 20:30 horas.

Un día despois o choque repetirase, tamén ás 20:30 horas, no pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada, segundo confirmou a Federación Galega de Fútbol.

A cita, nomeada como I Torneo Internacional Conservas Pescamar, supón unha lombeirada ao traballo realizado polo Poio Pescamar nos últimos anos, nos que se consolidou na máxima categoría e logrou varios títulos nacionais nas categorías inferiores.

As entradas para o partido poñeranse á venda desde este mércores no propio pavillón da Seca en horario de 18:00 a 23:00 horas. O prezo das mesmas será de 5 euros para o público adulto e 3 euros para o infantil (16 anos incluído).