A Sociedad Gimnástica volve ao tallo

Pontevedra
13 de setembro 2016

O groso de atletas do club pontevedrés han volto esta semana aos adestramentos para preparar unha tempada na que o equipo masculino volverá competir en División de Honra e o feminino en Primeira División, tras o ascenso da pasada campaña

Primeiro adestramento da Gimnástica no CGTD
Primeiro adestramento da Gimnástica no CGTD / Sociedad Gimnástica

A Gimnástica ponse en marcha para afrontar unha ilusionante tempada, na que o seu equipo masculino defenderá de novo a elástica pontevedresa na División de Honra e o feminino competirá en Primeira División, tras o ascenso logrado a pasada campaña.

O groso dos atletas locais do club iniciou esta semana os adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, ás ordes de Santi Ferrer.

Uns días antes xa comezaran a súa posta a punto o grupo adestrado por Pablo Díaz, polo que a entidade atlética dá por iniciada oficialmente a súa pretempada, na que buscará unha boa posta a punto que axude a conseguir os obxectivos individuais e colectivos de cada deportista.

Só falta agora que se inicie o curso nas escolas deportivas, a principios de outubro, para que a actividade da Gimnástica sexa plena.