A travesía a nado de Aguete chega a súa sétima edición

Marín
04 de setembro 2018

A sétima edición da proba celebrarase o vindeiro domingo 9 de setembro cun límite de 150 prazas e nadadores chegados de diferentes puntos de Galicia, Asturias, Madrid e Portugal

I Travesía a nado Concello de Poio
I Travesía a nado Concello de Poio / Diego Torrado

Raxó e Aguete uniranse o vindeiro domingo 9 de setembro por sétimo ano consecutivo grazas á Travesía a nado do Real Club de Mar de Aguete.

A proba conta cun límite de participación de 150 nadadores e deportistas xa confirmados de Galicia, Madrid, Asturias e tamén Portugal.

O maior dos reto para os participantes será a ruta longa, con saída ás 10:00 horas desde o Real Club de Mar de Aguete para afrontar ida e volta con 6.800 metros de percorrido.

Pola súa banda ás 11:00 horas darase a saída desde a praia de Xiorto en Raxó á segunda opción, de 3.400 metros cruzando a ría de lado a lado.

A Travesía a nado do Club de Mar de Aguete espera converter a xornada deportiva do domingo nunha festa da natación.