A vela oceánica achégase aos regatistas galegos cunha clase maxistral en Sanxenxo

Sanxenxo
18 de outubro 2013

Os asistentes á clase, que se celebra este sábado, poderán navegar no barco Telefónica Negro que disputou a Volvo Ocean Race 2008-2009

Afeccionados á vela e regaistas galegos poderán gozar este sábado dunha clase maxistral sobre vela oceánica nas instalacións do Real Club Náútico de Sanxenxo.

Alí, da man da Federación Galega de Vela e Movistar, poderán navegar no barco Telefónica Negro que disputou a Volvo Ocean Race 2008-2009.

Á fronte das leccións estarán un grupo de regatistas entre os que destacan Pablo Iglesias, Pablo Arrate e Diego Fructuoso, todos eles participantes na Volta ao Mundo a Vela.

A xornada de navegación polas rías de Pontevedra e Vigo comezará pola mañá cunha charla entre os participantes e os regastistas profesionais.

O barco Telefónica Negro, no que se navegará aproximadamente catro horas, estivo patroneado polo campión Olímpico Fernando Echávarri, primeiro patrón galego en gañar unha etapa da Volvo Ocean Race.