Á venda as tarxetas para a cea do 50 aniversario do Cisne

Pontevedra
02 de decembro 2014

A directiva que preside Santiago Picallo puxo á venda as tarxetas para asistir, que se poden adquirir no Hotel Galicia Palace (Avda. de Vigo), Bar Americano (Praza San José), Equivalenzia (Soportais), ÿptica Vilas (Rúa Daniel de la Sota) y la taberna Tábula Rasa (Rúa Marquesa), de Pontevedra, ao prezo de 30 euros

Actos do 50 aniversario do Club Cisne Balonmano Mónica Patxot

Será o broche de ouro aos actos do 50 aniversario do Club Cisne Balonmán. Despues de todo un ano cargado de eventos, o próximo día 27 de decembro, sábado, ás 22:00 horas, na Finca Batacos celebrarase unha cea na que se reunirán moitas das persoas que pasaron pola entidade pontevedresa neste medio século de existencia.

E a directiva que preside Santiago Picallo puxo á venda as tarxetas para asistir, que se poden adquirir no Hotel Galicia Palace (Avda. de Vigo), Bar Americano (Praza San José), Equivalenzia (Soportais), ÿptica Vilas (Rúa Daniel de la Sota) y la taberna Tábula Rasa (Rúa Marquesa), de Pontevedra.

O prezo por persoa é de 30 euros, e os convites pódense retirar de forma individual, aínda que tamén hai unha opción para aqueles grupos que queiran compartir mesa, que poden facelo cumprindo os datos (número de persoas que estarían nesa mesa, un nome, teléfono e dirección de correo electrónico de contacto) e enviando un email á dirección do club: clubcisnebalonmano@gmail.com, co que un representante do club se poñerá en contacto cos interesados para concretar detalles.

Será, sen dúbida, unha noite chea de recordos e vivencias, tamén de reencontros e emocións. Á fin e ao cabo 50 anos non se cumpren todos os días.