A Volta Ciclista a Zamora, proba de lume para o Froiz tras o confinamento

Pontevedra
31 de maio 2020

O regreso á competición está máis preto para os ciclistas do Froiz, que teñen ao virar a esquina a súa primeira proba despois do confinamento polo coronavirus. Será na Volta Ciclista a Zamora, que se celebrará do 14 ao 18 de xullo na cidade de Castela e León

Ciclistas do Froiz durante o Circuíto do Guadiana, proba da Copa de España
Ciclistas do Froiz durante o Circuíto do Guadiana, proba da Copa de España

O regreso á competición está máis preto para os ciclistas do Froiz, que teñen ao virar a esquina a súa primeira proba despois do confinamento polo coronavirus. Será na Volta Ciclista a Zamora, que se celebrará do 14 ao 18 de xullo na cidade de Castela e León.

Por iso, desde o club xa se están mentalizando para o regreso á normalidade e contactaron cos deportistas que competirán "para hacerlo en las mejores condiciones", afirma o director do Froiz, Evaristo Portela.

Aínda que o grupo traballou ben durante o confinamento, aínda falta preparación. "Están entrenando fuerte de base para después hacer un entrenamiento más específico y prepararse para lo que vaya saliendo", explica Portela, que ve no cambio de rodete a estrada unha novidade para os ciclistas.

Con todo, "esto es para todos y nos pondrá a prueba". "Hay mucha calidad y van a competir en buen estado de forma", asegura.

En canto ás expectativas de competición, despois da Volta a Zamora os ciclistas do club pontevedrés volverán disputar a Copa a España da que xa se celebrou o Circuito do Guadiana e o Trofeo Guerrita, e onde o elite Víctor Manuel Romero foi o mellor clasificado para o Froiz cun posto 23. 

Así mesmo, o director do Froiz ve na Volta a Galicia, da que non hai ningunha proba confirmada para a súa celebración, unha boa oportunidade para demostrar a boa preparación dos deportistas.

Calendario Copa a España

Aínda que a tempada é máis curta que as anteriores, aínda quedan nove carreiras por celebrarse, segundo publicou a Real Federación Española de Ciclismo nun calendario provisional. As probas serán:

  • 9 de agosto a IX Copa Valladolid Memorial Ángel Lozano (Valladolid)
  • 16 de agosto o LXVII Gran Premio Primavera en Ontur (Albacete)
  • 8 de setembro o Memorial Pascual Momparler en Villanueva de Castelló (Valencia)
  • 17 de setembro a 58 Clásica de Pascua en Padrón (A Coruña)
  • 27 de setembro a 87 Santikytz Klasika en Legazpi (Guipúscoa)
  • 4 de outubro a 36 Clásica Cidade de Torredonjimeno Copa de España, en Torredonjimeno (Xaén)
  • 10 de outubro o XVII Aiztondo Klasikoa- P. Alkorta Memoriala en Asteasu (Guipúscoa)
  • 11 de outubro 49 Memorial Valenciaga, en Eibar
  • 18 de outubro XXII Gran Premio Macario - Ayto de Alcalá de Henares (Madrid)