A X-ONE RACE pon a proba a máis de 430 persoas en Figueirido

Pontevedra
10 de setembro 2023

A terceira edición desenvolveuse polos montes da Comunidade de Montes de Figuerido e foi seguida en todo momento por centos de persoas que puideron gozar de forma moi próxima da espectacularidade da carreira, composta por máis de 30 obstáculos repartidos en case 8 quilómetros

Terceira edición da X-ONE RACE
Terceira edición da X-ONE RACE

Máis de 430 deportistas procedentes de diferentes puntos de Galicia participaron na X-ONE RACE, unha das probas de obstáculos máis complicadas da comarca.

A terceira edición desenvolveuse polos montes da Comunidade de Montes de Figuerido e foi seguida en todo momento por centos de persoas que puideron gozar de forma moi próxima da espectacularidade da carreira, composta por máis de 30 obstáculos repartidos en case 8 quilómetros.

Os participantes máis rápidos foron Eduardo Cruz, en categoría masculina, cun tempo de 37:54, e Fuencisla Vaqueiro, na feminina, parando o cronómetro en 52:41.

O podio masculino completárono Romel Agrida (38:39) e Javier Barrientos (39:16) e o feminino Sara Rodal (1:34:00) e Guadalupe Álvarez (1:34:37).

Omar Eduardo Ruda, cun tempo de 42:02, foi o gañador dos grupos de idade masculino, mentres que Susana Martín (1:20:12) foi a primeira en completar a carreira feminina.

Na categoría Popular Anxo Otero (37:51) e Concepción Fernández (48:51) foron os primeiros en cruzar a liña de meta, mentres que o podio por equipo formárono Grupo Roslev, Crossfit Enxebre e Ragnarok OCR.