A Xunta pide apoio para impulsar a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias

Pontevedra
11 de febreiro 2022

A administración autonómica habilitou unha páxina web na que calquera cidadán poden rexistrar o seu nome e DNI para apoiar a candidatura da piragüista, medalla de prata nos Xogos de Tokyo e deportista española con máis participacións olímpicas da historia

Teresa Portela, coa medalla de prata dos Xogos Olímpicos de Tokyo
Teresa Portela, coa medalla de prata dos Xogos Olímpicos de Tokyo / Comité Olímpico Español

Teresa Portela converteuse en Tokyo na deportista española con máis participacións olímpicas da historia, con seis. Ademais, a padexeira pontevedresa conseguiu unha brillante medalla de prata como premio á súa constancia.

O palmarés de Portela complétase con ata 15 medallas mundialistas e 17 europeas, o que a converteu en todo un exemplo a seguir.

Por esa motivo a Xunta de Galicia habilitou unha páxina web para impulsar a candidatura da piragüista ao Premio Princesa de Asturias, un dos máximos recoñecementos aos que pode aspirar calquera deportista.

Nesa plataforma calquera persoa pode rexistrar o seu nome completo e DNI para apoiar a proposta.