Aarón González avanza ata a final do Torneo WBC Amateur de boxeo

Marín
19 de novembro 2018

O púxil do Team Thunder de Marín venceu en Bouzas a un dos seus principais opoñentes a nivel autonómico, Carlos López

Aarón González tras vencer na semifinal do Torneo WBC Amateur
Aarón González tras vencer na semifinal do Torneo WBC Amateur / Team Thunder Marín

O peso welter de boxeo segue a ser cousa de Aarón González en Galicia.

O púxil do Team Thunder de Marín meteuse na final do Torneo WBC Amateur tras superar na semifinal da competición ao seu principal rival a nivel autonómico, Carlos López.

Aarrón venceu nunha velada celebrada en Bouzas, Vigo, e grazas a un combate en comezou dominando desde o centro do ring para manter controlado ao seu opoñente e evitando recibir golpes grazas ao seu dinamismo sobre o cuadrilátero.

Tras esta cita o marinense viaxará a Barcelona en próximas datas para participar na velada de Las Arenas, onde compartirá carteleira cos mellores boxeadores profesionais do país, por exemplo Sandor Martín.

Tamén competiron a última fin de semana Alex Menduíña e Martín "Garrote" García, do Mat's de Marín, no Campionato Galego Promesas e de Clubs con cara e cruz nos seus resultados, xa que Álex cedeu no seu enfrontamento e Martín fíxose coa vitoria.