A selección española xuvenil, cos cisneístas Marko Ojeda e Carlos Ocaña entre as súas filas, revalidou a pasada fin de semana o título do Campionato Mediterráneo 2022. Dez partidos disputaron os hispanos ao longo de todo o torneo para asinar un pleno de vitorias.
Na final, os españois enfrontáronse ao único equipo que conseguira poñelos e apuros. Exipto foi o único rival capaz de gañar un cuarto aos españois e ao que gañaron por menor diferencia de goles.
Con todo, o partido polo título decantouse moi pronto ao lado dos hispanos. Os exipcios lograron contrarrestar o parcial de 4-0 inicial co que os de Daniel Sánchez comezaron o partido. Con todo, unha nova arrancada española serviu para pechar o primeiro cuarto de hora de xogo cunha renda de sete tantos.
Ao descanso, a diferenza ampliouse ata os dez goles e no segundo tempo dedicáronse a administrar a vantaxe, a divertirse e a deixar claro que o balonmán español ten un brillante futuro por diante.
¡Campeones con autoridad y mucho futuro!
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) February 26, 2022
¡Los #HispanosJuveniles se llevan el triunfo ante Egipto (40:29) y levantan el título en el Campeonato Mediterráneo 2022!
Crónica de la final en Ankara
"Otro partidazo para cerrar el torneo, la verdad es que estamos muy contentos, creo que este grupo tiene algo especial, no solo por su calidad y cantidad de recursos sino por su actitud, generosidad y compromiso entre todos. El planteamiento en defensa ha sido casi perfecto y desde el principio hemos podido romper el partido y todos han podido participar. Egipto no ha bajado los brazos pero no les hemos dado opción", declarou o seleccionador Daniel Sánchez ao finalizar o partido.
"Nos hemos empleado a fondo para conseguir un éxito que es de todos: de ellos, de los clubes, del programa de tecnificación, de los CAR... Veremos qué pasa en el futuro, pero creo que nos darán muchas alegrías", rematou o seleccionador que ocupou o posto do cisneísta Javier Fernández, Jabato, que non puido acudir ao campionato polos seus compromisos co equipo pontevedrés.
Na final, os cisneístas Carlos Ocaña e Marko Ojeda contribuíron ao triunfo con catro e un tanto, respectivamente.