Achega de 30.000 euros do Concello para o primeiro equipo do Poio Pescamar

Poio
31 de marzo 2022

Esta axuda municipal súmase aos 11.500 euros destinados ao mentemento dos equipos de base da entidade deportiva

Reunión entre Marga Caldas e o presidente do Poio Pescamar, Juanjo García
Reunión entre Marga Caldas e o presidente do Poio Pescamar, Juanjo García / Concello de Poio

O Concello de Poio e o Poio Pescamar rubricaron este xoves o convenio de colaboración para axudar desde a institución pública ao primeiro equipo vermello, que milita na máxima categoría do fútbol sala feminino nacional.

En concreto a subvención que recibirá a entidade deportiva será de 30.000 euros, segundo confirmou o Concello tras o encontro entre a edil de Deportes, Marga Caldas, e o presidente do club, Juanjo García.

Esta achega súmase aos 11.500 euros que percibe o Poio Pescamar para as súas categorías inferiores, nas que xogan máis dun centenar de nenas e nenos de todas as idades.

Caldas afirmou que a través destes convenios o Concello reafirma a súa aposta polo deporte, destacando do Poio Pescamar "o gran traballo que está realizar a todos os niveis e que o levou a consolidarse dentro da elite do fútbol sala feminino".