Adrián Cruz despídese da tempada por unha microrrotura muscular

Pontevedra
11 de maio 2021

O centrocampista de Moaña foi baixa a última hora para o duelo da fin de semana fronte ao Sporting B, e as probas ás que foi sometido este luns confirman unha pequena rotura fibrilar que lle manterá de baixa as dúas próximas semanas, coincidindo por tanto coas dúas últimas xornadas de liga

Adrián Cruz, nun adestramento do Pontevedra CF en Pasarón
Adrián Cruz, nun adestramento do Pontevedra CF en Pasarón / Mónica Patxot

O Pontevedra Club de Fútbol deberá afrontar as dúas últimas xornadas de liga, decisivas para tentar esquivar o descenso a Terceira, sen Adrián Cruz.

O centrocampista de Moaña causou baixa de maneira inesperada para o choque fronte ao Sporting B por problemas físicos.

Tras someterse a un exame médico, a última do luns o club granate confirmaba a lesión: microrrotura fibrilar na unión miotendinosa do sóleo e o xemelgo.

O seu tempo estimado de baixa é de dúas semanas, xusto o que resta para concluír a tempada coa partidos fronte ao Lealtad e o Real Oviedo Vetusta.

Con esta lesión Adrián Cruz pecha unha campaña irregular marcada por outra lesión, nos abdutores, que lle mantivo afastado dos terreos de xogo ao redor de dous meses.