Adriana Aparicio queda un ano máis no Arxil

Pontevedra
20 de xullo 2019

A xogadora exterior comezará así a súa segunda tempada no equipo pontevedrés, que este curso contará cunha plantilla moi xoven en comparación con anos pasados

Partido entre Cortegada e Arxil en Fontecarmoa
Partido entre Cortegada e Arxil en Fontecarmoa / Diego Torrado

O Arxil continúa moldeando a plantilla do primeiro equipo para a próxima tempada 2019-20. A última confirmación é a renovación do contrato da xoven Adriana Aparicio.

A xogadora exterior chegou ao club pontevedrés o pasado verán procedente do Avenida Júnior, polo que este ano comezará o seu segundo ano no Arxil. A pesar de ser unha parte importante da escuadra durante os primeiros compases do pasado curso, dous meses de baixa por enfermidade cortaron a súa progresión e traballo na cancha local.

Pero agora dispón dunha nova oportunidade e Aparicio asegura que "estou moi ilusionada e con ganas de empezar, de coñecer os novos equipos e poder competir como sabemos facelo. Imos ir a por todas".

Despois da última renovación de Noa Casalderrey, Adriana Aparicio súmase a esta e a Carla Fernández, Aldara Vázquez, María Lago, Cris Díaz-Pache,  Linnea Rosendal e Fooster para afrontar este ano en Liga Feminina 2