Aguete acollerá un 'cumio' do paddle surf coa celebración do Aguete SUP Race

Marín
05 de xullo 2024

O evento deportivo, que traerá a participantes de toda España, inclúe varias probas a nivel estatal e autonómico e foi presentado este xoves no areal marinense 

Presentación da Aguete SUP Race
Presentación da Aguete SUP Race / Concello de Marín

A praia de Aguete converterase no epicentro do paddle surf de toda España este sábado 6 de xullo. Será coa celebración da Aguete SUP Race.

Este evento deportivo, que engloba varias probas, atraerá ata Marín disciplina procedentes non só dos mellores clubs de Galicia, senón tamén de Barcelona, Llanes, Mallorca, Alicante ou Euskadi. 

A programación inclúe o Campionato de España de Resistencia, na que os corredores farán unha distancia de 21 quilómetros, e a Copa de España de Longa Distancia, de 10,5 quilómetros.

Desta última proba, tamén se disputará o nivel autonómico, polo que dos resultados desta proba sairá o campión galego nesta modalidade.

En todos os casos haberá categoría infantil, na que se rebaixan as distancias.

Tamén se celebrará a Copa Xunta de Galicia, puntuable para a liga galega de paddle surf.