Aldara Vázquez súmase ás renovacións no Arxil

Pontevedra
23 de agosto 2016

A base pontevedresa cumprirá a súa cuarta tempada como senior, compaxinando partidos co primeiro equipo de Liga Feminina 2 e o filial. Convértese na oitava xogadora confirmada para a próxima tempada

Aldara Vázquez, durante un adestramento do Arxil
Aldara Vázquez, durante un adestramento do Arxil / Daniel Santomé

Oitava xogadora que se suma ao novo proxecto do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2.

Trátase nesta ocasión dunha xogadora da casa, a base Aldara Vázquez, que renovou a súa vinculación co equipo e cumprirá así o seu cuarto ano como senior, de novo compaxinando partidos co primeiro equipo e co filial.

O seu obxectivo pasa agora por ir gañando aos poucos peso no equipo e consolidarse no primeiro plantel, na que competirá no posto de base cun das fichaxes estrela, Waleska Pérez, e con Carla Fernández.

O club verde espera confirmar tamén nas próximas horas as renovacións de Fany López e Ana Martín.

Completan o plantel pontevedrés polo momento: Minata Keita, Carla Fernández, Maria Lago, Maria Centeo, Waleska Pérez, Ana Román e Cristina Diaz-Pache.