Alejandro Bernárdez e Daniel Pérez, do Ximnasia Pontevedra, quedan ás portas do podio no Mundial

Pontevedra
02 de decembro 2019

Os deportistas do Ximnasia Pontevedra-Burgas Ourense finalizaron no cuarto posto na final por equipos do Campionato do Mundo que se celebrou en Tokyo

Alejandro Bernárdez no Mundial de Trampolín en Xapón
Alejandro Bernárdez no Mundial de Trampolín en Xapón / Ricardo Bufolín / Real Federación Española de Gimnasia

A só un paso da medalla quedaron dúas dos tres representantes do Club Ximnasia Pontevedra-Burgas Ourense no Campionato do Mundo de Ximnasia Trampolín que se celebrou na capital xaponesa, Tokyo.

Despois dunha primeira xornada na que Melania Rodríguez non puido clasificarse para as roldas finais na modalidade de trampolín, si o lograron o pontevedrés Alejandro Bernández e o ourensán Daniel Pérez dentro do equipo español de dobre minitramp (DMT).

A nivel individual Bernández foi 13º (72.800 puntos) e Pérez 19º (71.700 puntos, pero España pasou como a terceira mellor selección na rolda previa e aspirante a medalla, baixo a dirección do adestrador pontevedrés Pablo Hinojar.

Xa na final, Bérnardez realizou un salto que foi xulgado con 34.600, polos 34.000 de Daniel Pérez e os 37.400 puntos de Andrés Martínez. Así, o equipo español sumou 106.000 puntos no seu total, unha cifra que non lle alcanzou para subir ao podio sendo cuartos.

O vencedor foi o conxunto de Rusia (114.800), seguido de Estados Unidos (112.200) e Portugal (109.300).