Marcón vibrou este sábado por segundo día consecutivo coa espectacularidade do Campionato Galego de Montaña.
A XIX Subida Cidade de Pontevedra chegou á súa fin coa disputa en horario matinal da cuarta, quinta e sexta manga de competición, na que os pilotos deron o máximo.
Froito dese ímpeto por remontar posicións producíronse algúns accidentes nas últimas pasadas, pero sen consecuencias graves.
Alexis Viéitez confirmou o seu dominio na clasificación xeral conservando a súa vantaxe da primeira xornada para facerse co triunfo. O piloto do Buxa Motor Poio superou en 14 segundos a Martín Villar (Integral Motosport) e en 15 a Jacobo Sobral (Integral Motosport).
Consulta aquí a clasificación completa da XIX Subida Cidade de Pontevedra.
O evento concluíu coa entrega de premios na céntrica Praza de España, lugar no que estivo instalado o parque pechado.