Alfonso Sánchez e Pierre Oriola serán os invitados do Campus Baloncesto Pontevedra 2017

Pontevedra
01 de marzo 2017

O campus de adestramento e perfeccionamento dirixido por Cuco Rodríguez cambia de data e celebrarase na súa próxima edición do 2 ao 9 de xullo nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe

Pierre Oriola no Campus Baloncesto Pontevedra
Pierre Oriola no Campus Baloncesto Pontevedra / Cristina Saiz

A Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario un ano máis do Campus Baloncesto Pontevedra dirixido por Cuco Rodríguez.

Nesta ocasión celebrarase nunhas novas datas, do 2 ao 9 de xullo, na que será unha semana intensiva de adestramentos co obxectivo de que os xóvenes participantes melloren o seu xogo da man dos mellores adestradores galegos.

Para iso contarán de novo cuns padriños de excepción. Trátase de Pierre Oriola, que repite presenza en Pontevedra, e Alfonso Sánchez, ambos os xogadores da máxima categoría nacional, a Liga ACB. Oriola milita actualmente no Valencia Basket, mentres Alfonso Sánchez faio no Real Betis Energía Plus.

A organización anuncia ademais diversas sorpresas ao longo da semana do campus, como a visita de adestradores de equipos da liga ACB.

As inscricións poden formalizarse xa a través da web www.campusbaloncestopontevedra.com ou enviando un correo electrónico a [email protected], con descontos do 15% no prezo base do campus, que é de 380 euros, se se realiza antes do 30 de abril ou no caso de familias que inscriban máis dun neno.