Alice Pinot e Carlos Porto vencen na XXI Milla Urbana San Miguel

Marín
30 de setembro 2018

Preto de 600 atletas déronse cita nunha animada xornada deportiva en Marín para gozar das carreiras nas súas diferentes categorías

XXI Milla Urbana San Miguel de Marín
XXI Milla Urbana San Miguel de Marín / Diego Torrado

A Milla Urbana San Miguel de Marín non defraudou un ano máis, enchendo de deporte a celebración popular de San Miguel.

Preto de 600 atletas tomaron parte na que era a XXI edición da proba popular.

Desde as 17:00 horas foron disputándose as carreiras nas diferentes categorías, de base e populares, no medio dun gran ambiente ao redor do habitual circuíto da Avenida de Ourense.

As últimas en ter lugar foron o prato forte, as carreiras elite nas que se impuxeron Alice Pinot e Carlos Porto respectivamente na categoría feminina e masculina.