Alimentos por entradas na Raña

Marín
07 de decembro 2016

O Marín Peixe Galego prepara unha recollida solidaria de alimentos coincidindo co partido que disputará o equipo o vindeiro sábado na Raña ante o Unión Financiera Oviedo. Os afeccionados que colaboren con polo menos un quilo de comida serán obsequiados cunha entrada para o seguinte partido do equipo na LEB Ouro

Partido entre Peixe Galego e Cáceres na Raña
Partido entre Peixe Galego e Cáceres na Raña / Diego Torrado

Despois de tres derrotas consecutivas, o Peixe Galego quere volver á senda do triunfo que lle permita seguir pelexando pola permanencia na LEB Ouro. 

Non será tarefa fácil, pois os de Marín recibirán o vindeiro sábado 10 de decembro (20:00 horas) ao Unión Financeira Oviedo, actual sexto clasificado.

A cita servirá ademais para potenciar a cara máis solidaria do club 'peixe', que anunciou unha recollida solidaria de alimentos o día do partido.

Como premio á colaboración, cada afeccionado que achegue polo menos un quilo de comida recibirá unha entrada para o seguinte partido do equipo na casa, o martes 20 de decembro ante o Tau Castelló.