Alto ritmo de inscrición para o Medio Maratón de Pontevedra

Pontevedra
29 de setembro 2015

A organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, afirma que o ritmo de anotación é un 25% superior ao do pasado ano, o que achega o obxectivo de superar os 1.500 atletas  

Medio Maratón de Pontevedra 2014
Medio Maratón de Pontevedra 2014 / Diego Torrado

O Medio Maratón de Pontevedra vai camiño, na súa vixésima edición, de bater unha vez máis todos os records de participación.

O ritmo de inscrición para a cita, que se celebrará na cidade de Lérez o vindeiro domingo 18 de outubro, é elevado cun incremento dun 25% con respecto ao pasado ano, segundo a organización.

Ata o momento anotáronse máis de 700 atletas, pero a Sociedad Gimnástica espera poder pasar a barreira dos 1.500 deportistas (o record está situado en 1.443 corredores).

As inscripciones permanecerán abertas ata o día 13 de outubro na web www.championchipnorte.com.

O XX Medio Maratón de Pontevedra supoñerá ademais o final do III Circuíto de Carreiras Populares, cuxa clasificación comandan actualmente Víctor Riobó e Leticia Fernández.