Álvaro Bustos non conclúe a sesión no regreso do Pontevedra aos adestramentos

Pontevedra
04 de decembro 2019

O extremo, afectado de amigdalite, retirouse prematuramente do adestramento deste mércores en Poio para acudir ao médico. Confía en que cun pouco de descanso poida estar recuperado para viaxar a fin de semana co equipo a Canarias

Álvaro Bustos durante un adestramento do Pontevedra
Álvaro Bustos durante un adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

Non hai xornada sen sobresalto ultimamente no Pontevedra Club de Fútbol. Se no primeiro adestramento da semana, o pasado luns, foi Pol Bueso o que reportou problemas musculares, este mércores tras o día de descanso do primeiro persoal o foco de atención estivo centrado en Álvaro Bustos.

Non foi por lesión, senón por enfermidade, pero o extremo viuse obrigado a abandonar prematuramente a sesión de traballo celebrada en Poio. O motivo, unha amigdalite que lle fixo acudir ao médico e buscar descanso.

Bustos confía en todo caso que o repouso lle permita mellorar e recuperarse a tempo para estar ao dispor do técnico a fin de semana de fronte á viaxe do equipo a Canarias, onde se enfrontará ao filial da UD Las Palmas.

Sobre o céspede da Seca, os que traballaron a menor ritmo foron os tocados Pol Bueso e Santi Figueroa antes as súas respectivas lesións musculares.

Pola súa banda o gardameta Brian exercitouse cos seus compañeiros pero coma se dun xogador de campo máis se tratase, sen realizar exercicios de portería como os seus compañeiros Edu Sousa e Diego  Dadín #ante as dores nas costas que xa lle deixaron fóra das dúas últimas convocatorias.