Álvaro Fernández Fiuza necesita a túa axuda: busca mecenas para continuar a súa carreira deportiva

Pontevedra
11 de febreiro 2014

Ata agora o crowfunding, unha forma de micromecenazgo a través da Internet, era terreo case exclusivo da arte, a cultura ou certos proxectos tecnolóxicos. Pero a crise obriga a agudizar o enxeño e cada vez máis sectores recorren a esta fórmula de financiamento. Tamén o deporte. Álvaro Fernández Fiuza é o primeiro deportista profesional do noso país en dar ese paso e pedir axuda aos seus seguidores para poder seguir competindo

Álvaro Fernández Fiuza, nun dos seus adestramentos
Álvaro Fernández Fiuza, nun dos seus adestramentos

Ata agora o crowfunding, unha forma de micromecenazgo a través da Internet, era terreo case exclusivo da arte, a cultura ou certos proxectos tecnolóxicos. Pero a crise obriga a agudizar o enxeño e cada vez máis sectores recorren a esta fórmula de financiamento. Tamén o deporte. Álvaro Fernández Fiuza é o primeiro deportista profesional do noso país en dar ese paso e pedir axuda aos seus seguidores para poder seguir competindo.

O pontevedrés, un dos piragüistas máis laureados da súa xeración, puxo en marcha un proxecto denominado 'Tres obxectivos, un soño'. Faino a través de GoalFunds.com, unha plataforma creada hai apenas dous meses e que pretende poñer o seu gran de area nun problema que, debido á falta de becas e aos recortes, ameaza en converterse en endémico no deporte español: a falta de financiamento.

"Todo empezó de rebote", explicou Álvaro Fernández Fiuza a PontevedraViva. Un coñecido faloulle da posibilidade do micromecenazgo deportivo "y me pareció una buena opción tal y como están las cosas". Asegura que a Federación de Piragüismo aínda non lle pagou a metade da beca de 2013 e este ano "no se presenta diferente". Viu neste proxecto, polo tanto, a única solución para continuar coa súa carreira deportiva porque "está todo muy complicado".

Álvaro Fernández Fiuza, que foi un dos primeiros padexeiros en desvelar a precaria situación do piragüismo español, explicou que "al principio pensé que era un problema personal conmigo". Pero pronto comprobou o feito de non ter roupa para competir ou ter que costearse as viaxes do seu peto "nos está pasando a muchos". Outros compañeiros como Teresa Portela ou Carlos Pérez 'Perucho' tamén o denunciaron públicamente.

Busca recadar 6.000 euros, o diñeiro suficiente, di, para afrontar a súa participación en tres probas: o descenso internacional do Sella, proba que xunto ao seu compañeiro Walter Bouzán gañou os últimos catro anos; o Campionato de Europa de surfski e o Campionato do Mundo de Maratón, disciplina "que más domino y donde más cómodo me siento". Nela ten tres ouros mundiais (2009, 2010 e 2011) e dúas pratas (2012 e 2013).

Os primeiros apoios chegaron desde Pontevedra, algo que lle agrada especialmente "porque se ve que a pesar de llevar tantos años fuera no se olvidan de mí"

Pensou na posibilidade de renunciar a elas, non por falta de ilusión e motivación, senón porque as poucas axudas e apoio económico que recibe "lo habían hecho impensable y me había desanimado un poco", recoñece Fernández Fiuza. Co diñeiro que consiga "aún tienes que quitarte de un montón de cosas y apretarte el cinturón" pero poderá seguir competindo ao máis alto nivel "con una temporada más liviana y sin pensar en si la Federación pagará o no".

O mellor desta experiencia, que leva en marcha apenas tres días, "es recibir las muestras de cariño de la gente", sobre todo daqueles que non o coñecen "y te escriben diciendo que este mes no pueden aportar nada, pero que el próximo van a hacer un esfuerzo para ayudarte". Os primeiros apoios estaos recibindo da súa cidade, Pontevedra, algo que lle agrada especialmente "porque se ve que a pesar de llevar tantos años fuera no se olvidan de mí".

Todos os que colaboren con Álvaro Fernández Fiuza recibirán unha recompensa "que é o que en realidade capta aos donantes". Así, en función do diñeiro doado poderase recibir desde un video de agradecemento, unha foto dedicada ou unha camiseta ata meses de adestramento personalizado, a posibilidade de descender o Sella acompañándoo no kaiak ou estancias de fin de semana nun dos hoteis máis exclusivos de Oviedo.

Para ser un dos seus mecenas podes facer a túa achega na páxina do proxecto. Ti podes ser unha das persoas que axuden ao piragüista pontevedrés para que "entre todos podamos alcanzar este sueño único".