O balonmán pontevedrés volve estar representado no 'All Star' da Liga Asobal.
Se na últimas campaña, antes a súa fichaxe polo Sporting de Portugal, Carlos Álvarez detacou no mellor equipo da tempada da máxima categoría española, agora tomou a testemuña un xogador co que compartiu anos de vestiario no Club Cisne Balonmán.
Álvaro Preciado viu recompensada a súa gran tempada co Dicorpebal Logroño La Rioja, co que foi subcampión de liga, sendo elixido como mellor central da competición.
Aos seus 26 anos e en plena madurez, Preciado impúxose nunha votación final dividida entre a fase popular (40%), a decisión dos dirixentes, adestradores e capitáns dos equipos da competición profesional (40%) e a prensa especializada (20%).
Seus foron un 44,49% dos votos por diante de Isidoro Martínez, segundo (26,33%), e Ander Torrico, terceiro (13,29%).
🎻 Director de orquesta de @ciudadlogronobm, central del #AllStarASOBAL de la Liga @NexusEnergia ASOBAL 25/26
— ASOBAL (@ASOBAL) June 30, 2026
🫡 @_alvaropreciado escribe su nombre en la historia del balonmano @ASOBAL tras una temporada espectacular pic.twitter.com/iJovwHliu6
"Soubo potenciar a mellor versión dos seus compañeiros, brillando desde a sala de máquinas e no momento da toma de decisión", afirma sobre o xogador pontevedrés a Liga Asobal, da que foi MVP do pasado mes de abril.
Álvaro Preciado é o quinto xogador confirmado por Asobal no seu 'All Star Team'.
Acompaña a Xoan Ledo (mellor porteiro, Dicorpebal Logroño La Rioja), Ludovic Fàbregas (mellor defensor, Barça), Jakub Prokop (mellor lateral esquerdo, Bathco BM. Torrelavega) e Marcos Fis (mellor lateral dereito, Fraikin BM. Granollers).
👑 ¡@_alvaropreciado se estrena en el #AllStarASOBAL como mejor central de la Liga @NexusEnergia ASOBAL 25/26!
— ASOBAL (@ASOBAL) June 30, 2026
🏆 El jugador de @ciudadlogronobm entra por primera vez en el sello de excelencia deportiva de @ASOBAL tras imponerse con el 44,49% de los votos del proceso global de… pic.twitter.com/KcsdyKJ3AC