Ana Pinto, nova incorporación do Marín Futsal

Marín
22 de xullo 2023

Trátase da terceira incorporación portuguesa do cadro marinense tras confirmar as fichaxes de Débora Lavrador e Carolina Pedreira

Ana Pinto, nova xogadora do Marín Futsal
Ana Pinto, nova xogadora do Marín Futsal

O Marín Futsal segue confeccionando o plantel coa que disputará unha nova tempada en Primeira División.

A última incorporación ás filas do equipo é a porteira Ana Pinto, procedente do Inter SC Evora de Portugal e campioa do Mundial Universitario.

Trátase da terceira incorporación portuguesa do cadro marinense tras confirmar as fichaxes de Débora Lavrador e Carolina Pedreira.

Desta forma, xa son once as xogadoras que dirixirá Ramiro Díaz a próxima campaña.

Ademais das portuguesas, o equipo incorporou á brasileira Ana Cunha, a gardameta Patri Arruti, Daniela Rodríguez, e o renovadas Café, Inés Mayán, Adriana Gómez e María Estevez. Tamén adestrará co primeiro equipo María Domínguez, xogadora da base