Ana Román, principal dúbida do Arxil en Asturias

Pontevedra
06 de outubro 2016

O club pontevedrés tentará confirmar o seu bo inicio de liga na cancha do ADBA Avilés, coa dúbida do estado físico da pívot Ana Román, cunha lumbalxia. A única baixa confirmada para o partido é a Ana Martín, que segue recuperándose de suu lesión nunha man

Mayte Méndez no partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada
Mayte Méndez no partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada / Mónica Patxot

O Club Baloncesto Arxil quere confirmar este sábado (20:00 horas) en Avilés que o seu bo comezo na Liga Feminina 2, con triunfo claro ante o Ensino, non foi un espellismo.

As pontevedresas queren reivindicarse no seu primeiro encontro a domicilio, na cancha do ADBA asturiano, un equipo que na primeira xornada caeu nun apertado encontro ante o Joventut Les Corts (62-60).

O cadro verde viaxa sen Ana Martín, que segue recuperándose da súa lesión nunha man, e coa dúbida de Ana Román, que a pesar de todo entrou na convocatoria.

Unha lumbalxia lastrou á pívot durante a semana, aínda que se espera que poida contribuír coa súa experiencia e compartir así responsabilidade no xogo interior con Minata Keita, máxima anotadora (26 puntos) da primeira xornada en toda a Liga Feminina 2.

Manter o nivel defensivo mostrado na estrea ligueira será unha das claves do choque, como o será vixiar a Andrea Mandala, Sara Fernández e Eva Rupnick, autoras de 44 dos 60 puntos do seu equipo ante o Joventut.