A selección galega sub 16 de fútbol sala feminino, na que militan as canteirás do CD La Peña, Sara Couso; e do Poio Pescamar, Estela Fernández e Irene Rozas; caeu eliminada en semifinais do campionato de España fronte ao combinado de Andalucía.
As galegas nada puideron facer nada en Murcia fronte ao potencial do equipo do sur, que as derrotou por un contundente 2 a 6.
O rival encarrilou a eliminatoria xa na primeira parte, cando se foi ao descanso cun marcador de 3 a 0 a favor. Aínda así, as de Bea Seijas deron a cara no segundo tempo e lograron recortar distancias ao poñer o 1-3 no luminoso poucos minutos despois da continuación.
Non foi suficiente. As andaluzas reaccionaron rapidamente para sentenciar o partido e certificar o seu pase á final, onde as espera a selección de Cataluña, que eliminou á de Madrid.