O palmarés de Andrea Mirón coa Selección Española de Fútbol Praia non deixa de crecer.
A pontevedresa, capitá do equipo nacional, sumou a fin de semana un novo título con España ao vencer na Women's NEOM Beach Soccer Cup.
Este torneo internacional disputouse sobre a area de Gayal Beach, en Arabia Saudita.
Mirón, ademais da medalla de ouro colectiva, foi elixida como mellor xogadora da competición (MVP).
O foi polo seu gran papel liderando a unha Selección que se impuxo na gran final por 4-1 a Brasil, onde anotou un tanto.
Antes do duelo decisivo, na fase de grupos España impúxose a Ucraína (6-1), á propia selección brasileira (6-4) e a Inglaterra (4-1).
O futbol praia feminino español acaparou galardóns na Women's NEOM Beach Soccer Cup, xa que xunto ao MVP de Andrea Mirón foron distinguidas Laura Gallego como mellor gardameta e Natalia Cuadrado como máxima goleadora do torneo.
No que respecta á deportista da Boa Vila, sumou tres goles na competición ao anotar, ademais de na final, nos encontros de fase de rgupos contra Ucraína e contra Brasil.