Xornada importante e complicada para o Pontevedra Club de Fútbol, que este domingo (12.00 horas) visita o campo do actual segundo clasificado con tres puntos máis que os granates, o Real Avilés.
Vén un duelo de aspirantes aos postos de honra e a pelexar polo salto de categoría, un partido "aberto, con dous equipos que teñen unha proposta ofensiva e que seguramente vai ser entretido para calquera espectador", analiza Ángel Rodríguez.
O técnico do equipo pontevedrés recoñece tras as últimas semanas que "hai que darlle unha volta a todo cando veñen dous partidos sen vitorias", polo que avanza que "nese sentido algún cambio pode ser que haxa", tras varias xornadas sen apenas modificacións no once titular máis aló de para dar entrada á substitución do lesionado Rufo.
O ariete madrileño seguirá sendo baixa esta semana, aínda que afronta xa a recta final da súa recuperación, mentres que Romay é dúbida nos granates por unha sobrecarga.
En canto ao rival, o Real Avilés é un club recentemente ascendido pero que realizou un importante investimento para pelexar pola zona nobre. "É un rival complicado polo equipo que é, polo momento no que están e porque en casa é un equipo que é moi forte", asegura Rodríguez, para quen o asturiano "é un dos equipos que ao final vai estar arriba".
Enfrontaranse no Estadio Román Suárez Puerta uno dos mellores locais do grupo (non perdeu con 4 vitorias e un empate) ante un dos mellores visitantes (só unha derrota do Pontevedra domicilio fronte ao Adarve), pero neste sentido o adestrador dos da Boa Vila móstrase confiado nos seus porque "se estamos na nosa mellor versión somos o rival máis complicado para calquera local".
O colexiado do encontro será o vasco Aitor Barrios Salas.