Aínda que a intención é probar algúns aspectos de cara ao play-off de ascenso, Luisito non poderá realizar un ensaio xeral na última xornada da liga regular ante o Cerceda (domingo 18:00 horas en Pasarón).
O técnico do Pontevedra medita dar descanso aos cinco futbolistas apercibidos de sanción e evitar o risco de quedarse sen algún deles na ida da eliminatoria de campións e para lograr "que todos cheguen enchufados" á fase decisiva.
Segundo a normativa de competición todos os xogadores pasarán limpos de tarxetas á fase de ascenso, pero cumprirán as sancións carrexadas da última xornada, como sería o caso se algún deles visen a quinta amarela.
Nesta situación encóntranse cinco xogadores do primeiro equipo: Pablo, Capi, Jorge, Tubo e Jacobo.
No caso de Jacobo a súa baixa ante o Cerceda é segura ao seguir lesionado, pero "creo que chegará senón ao primeiro ao segundo partido do play-off", recoñece Luisito.
Non pasa o mesmo con Benja, descartado para as próximas semanas por unha rotura de fibras.
ANALIZANDO POSIBLES RIVAIS
O preparador granate compaxina estes días o traballo diario co seu equipo coa análise dos posibles rivais no primeiro cruzamento do play-off.
Para Luisito equipos como o Portugalete "que non ten nada que ver co do ano pasado", Rayo Majadahonda, Ascó, Castellón, Linares, Algeciras e Mérida postúlanse, a priori, como rivais a evitar no sorteo do próximo luns 18 de maio.