O atletismo pontevedrés ha dado unha nova alegría na segunda xornada do Campionato de España Absoluto que se está disputando en Tarragona.
Se na xornada inaugural foi Dani Chamosa o que se fixo co bronce nos 10.000 metros marcha, nesta ocasión foi a súa irmá, Antía Chamosa, a que se subiu ao podio.
A marchadora da Sociedad Gimnástica cruzou a liña de meta en segunda posición cun tempo de 43:29.19 que supuxo o récord galego.
O ouro levoullo a gran favorita, a campioa olímpica María Pérez, cun rexistro de 42:24.68 que supón a mellor marca mundial do ano.
Pola súa banda, Lydia Sánchez-Puebla logrou a medalla de bronce (44:06.14 MP).
Podio 10000 m marcha 🚺 #ceatletismo
— atletismoRFEA (
🥇garciaperezmari 42:24.68 MP (Líder 🌍 do ano)
🥈antichada 43:29.19 MP
🥉Lidiyou 44:06.14 MP
PARABÉN 👏👏👏
📺rtveplay teledeporte
📺 Multiview/Concursos https://t.co/kJ8cXvAkQN
📊 https://t.co/vnVKbKQMWK
📸… pic.twitter.com/DKAQUdu0xxatletismoRFEA) August 2, 2025