Sen dúbida Antía Jácome foi unha das grandes protagonistas do Campionato do Mundo Sprint de Piragüismo celerado en Alemaña.
Era a cita máis importante da tempada, e é que era un Mundial clasificatorio para os Xogos Olímpicos, e a pontevedresa non fallou ampliando a súa xa de seu impresionante palmarés con tres novas medallas mundialistas e un dobre pasaporte ás Olimpíadas.
E é que, con só 23 anos, o currículo de Antía é xa espectacular, con múltiples medallas mundiais e europeas xunto ao Diploma Olímpico que sumou en Tokyo na súa primeira participación nuns Xogos, ao ser quinta no C-1 200.
Nesa distancia foi na que sumou a súa primeira medalla en Alemaña, unha prata que lle valía ademais o pasaporte a París 2024. Repetiría cor de medalla e clasificación olímpica no C-2 500 metros coa madrileña María Corbera, ademais doutra prata no C-2 200 metros, distancia non olímpica.
Tres medallas nun Mundial que se suman á conseguida, tamén cun segundo posto, no Campionato do Mundo de 2021.
O palmarés de Jácome conta á súa vez con dúas medallas de ouro europeas e outras dúas de prata, catro preseas continentates en total, e un ouro logrado no Campionato do Mundo Sub-23.
Uns logros que situaron á pontevedresa como unha das grandes esperanzas nacionais para pisar o podio nos próximos Xogos Olímpicos. Antía gañou canto menos o dereito para soñar.