Antía Pérez, primeira fichaxe do Poio Pescamar

Poio
13 de xuño 2018

O club vermello anunciou este mércores a fichaxe da moza xogadora ourensá, procedente do Ourense  Envialia. A piques de cumprir os 18 anos, é internacional  sub-17 coa Selección Española. Por otra banda, a brasileira Delise non continuará na Seca

Antía Pérez xunto a Ceci nun partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia
Antía Pérez xunto a Ceci nun partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia

O Poio  Pescamar quere moverse rápido para deixar encamiñado canto antes o seu novo proxecto deportivo, que dirixirá desde o banco Dani Díaz.

Tras as renovacións de Silvia, Jenny e Ale de Paz, o club vermello anunciou este mércores a súa primeira fichaxe, toda unha aposta de futuro.

Trátase de Antía Pérez, canteirá do Ourense Envialia que está a piques de cumprir os 18 anos de idade e que é internacional  sub-17 coa Selección Española, onde coincidiu coa xogadora do Poio Carolina Agulla.

Antía é unha "xogadora universal", explican desde a entidade da Seca, que a pesar da súa mocidade completou tres tempadas na máxima categoría co conxunto ourensán.

Por outra banda o Poio Pescamar confirmou ademais que a brasileira Delise non seguirá no equipo e causa baixa para a próxima tempada. A futbolista carioca non conseguiu adaptarse a España e decidiu regresar ao seu país.