Antonio Fernández: "Hoxe o fútbol foi inxusto connosco"

Pontevedra
09 de outubro 2022

Segundo o técnico granate, o seu equipo fixo "un partido serio, corremos moito". Considera que "a maior parte do partido estivemos ordenados, tivemos opcións para facer dano, non as materializamos e despois faltando cinco minutos faltounos concentración e metéronnos ese gol con moi pouco tempo de marxe para tentar empatar"  

Antonio Fernández, no partido de liga entre o Sanse e o Pontevedra en Matapiñonera
Antonio Fernández, no partido de liga entre o Sanse e o Pontevedra en Matapiñonera / Mosrey Fotografía
Rolda de prensa de Antonio Fernández tras o partido contra o Linares /

"Hoxe o fútbol foi inxusto connosco". Así comezou a rolda de prensa de Antonio Fernández tras a derrota deste domingo do Pontevedra CF ante o Linares.

Segundo o técnico granate, o seu equipo fixo "un partido serio, corremos moito". Considera que "a maior parte do partido estivemos ordenados, tivemos opcións para facer dano, non as materializamos e despois faltando cinco minutos faltounos concentración e metéronnos ese gol con moi pouco tempo de marxe para tentar empatar".

Antonio asegura que a intención era vir a Linarejos "coa intención de sumar e gañar", pero "imos de vacío no minuto 87. É unha derrota que doe, o equipo tentou e quixo tratar de ti a ti ao Linares, pero atopámonos con esa fatalidade ao final do partido. Foi bastante inxusto", insiste.

Para o preparador o máis xusto sería "o empate" porque "os dous equipos fixeron un partido serio, pero o fútbol dura ata que pita o arbitro. Os meus xogadores dérono todo, a liña para seguir é esta, de seguir traballando duro e os resultados chegarán".

Pero esta é a tónica dos últimos partidos ata o momento, onde os pequenos detalles fixeron que o Pontevedra non some. "Tivemos opcións, fixemos presións altas e fixemos que o Linares perdese balóns en tres cuartos de campo, pero non soubemos aproveitar esas bonanzas tácticas de roubar en campo contrario e transicionar rápido. Tamén tivemos centros laterais, pero non entrou". Algo habitual.