Antonio Fernández, tras a derrota ante Unionistas: "Queda moito por diante"

Pontevedra
14 de xaneiro 2023

Antonio Fernández cre que o equipo fixo "unha primeira parte moi boa na que estivo o noso partido", quitando "o primeiros dez minutos" nos que o conxunto local foi claro dominador  

Antonio Fernández, no partido ante Unionistas de Salamanca
Antonio Fernández, no partido ante Unionistas de Salamanca

"Queda moito por diante". Esas foron as palabras do adestrador do Pontevedra CF tras a derrota deste sábado ante Unionistas de Salamanca.

Antonio Fernández cre que o equipo fixo "unha primeira parte moi boa na que estivo o noso partido", quitando "o primeiros dez minutos" nos que o conxunto local foi claro dominador.

Con todo, "unha vez que nos asentamos o equipo estivo moi ben, chegou moi ben por fóra e foi superior, pero non fomos capaces de materializar ese dominio, tanto en control de xogo como en dominio de balón", explicou o técnico na rolda de prensa.

Considera Fernández que o único gol do partido chegou dunha falta un tanto dubidosa na que "o árbitro aprecia que é falta", aínda que "o gol vén dun rexeite no que non estamos coa tensión suficiente" polo que "non ten escusa ningunha".

"O gol mátanos e ponnos o partido costa arriba", afirmou o adestrador, preocupado porque "hoxe viñamos con intención de sumar e non o conseguimos".