Anxo Otero e Martina López impóñense na XX Carreira Nocturna de Vilagarcía

O Salnés
28 de xullo 2024

"Fermosa xornada de deporte" en Vilagarcía coa vixésima edición da súa Carreira Nocturna, que congregou a case 400 corredores e numerosos espectadores que gozaron dunha gran noite. O evento foi organizado pola Fundación Municipal de Deportes

 

XX Carreira Nocturna de Vilagarcía Concello de Vilagarcía

"Fermosa xornada de deporte" en Vilagarcía coa vixésima edición da súa Carreira Nocturna, que congregou a case 400 corredores e numerosos espectadores que gozaron dunha gran noite.

O evento, organizado pola Fundación Municipal de Deportes, comezou ás 21:00 horas coa saída e meta situadas na Avenida da Mariña, fronte ao Auditorio Municipal.

O percorrido de 10 quilómetros levou aos participantes a través das rúas da cidade, incluíndo a Avenida Rivero de Aguilar, o Peirao de Pasaxeiros e as rúas Valle Inclán, García de Caamaño, Alexandre Bóveda e Elipidio Villaverde.

Na carreira participaron corredores de todas as idades, cun percorrido máis curto para os máis pequenos e un de 10 quilómetros para a categoría absoluta, que tivo como gañador a Anxo Otero, quen marcou un rexistro de 34 minutos e 47 segundos.

Jacobo Crego ocupou a segunda praza a oito segundos do gañador, mentres que Pedro Pablo Bernárdez completou o podio cun tempo de 35:09.

Na categoría feminina impúxose Martina López (41:15), seguida por Cora Saburido (41:27) e María Isabel Sixto (41:36).