Apenas 2.000 entradas dispoñibles a oito días do Pontevedra-Mallorca de Copa do Rei

Pontevedra
26 de decembro 2024

O ritmo de venda de localidades é constante e garante xa unha mellor entrada en Pasarón que o encontro fronte ao Villarreal mirando cara ao cheo absoluto

Partido de Copa entre Pontevedra e Villarreal en Pasarón
Partido de Copa entre Pontevedra e Villarreal en Pasarón / Mónica Patxot

Con máis calma que nos primeiros días, pero a venda de localidades para o Pontevedra-Mallorca da Copa do Rei é constante e fai que no club granate miren xa cara ao cheo absoluto.

Polo de súpeto a 26 de decembro xa hai máis aforamento bloqueado entre as butacas resrvadas para os abonados e as entradas despachadas que a notable asistencia que se viviu na anterior rolda copeira, naquela noite máxica fronte ao Villarreal.

Naquela ocasión, segundo o dato oficial, acudiron a Pasarón 8.192 espectadores.

Unha cifra que xa se excedeu para o encontro do día 3 de xaneiro (19.00 horas) e é que son xa apenas 2.000 as localidades dispoñibles a oito días do partido.

En concreto, a metade da mañá deste xoves 26 de xaneiro só quedaban en despacho de billetes 2.050 butacas de Pasarón, para un aforamento total de 10.500 espectadores.

Con Fondo Norte xa completo desde hai días tamén o sector superior de Sur aparece xa como ocupado no mapa do estadio, así como os sectores centrais de Preferencia e Tribuna.

Venta de entradas para el Pontevedra-Mallorca a 26 de diciembre
Venda de entradas para o Pontevedra-Mallorca a 26 de decembro Pontevedra CF SAD

Nesta sentido Tribuna é a bancada con, de momento, menor ocupación garantida, mentres que en Preferencia apenas quedaban dispoñibles 395 localizades e en Sur pouco máis de 400.

Cabe lembrar que os prezos fixados para o Pontevedra-Mallorca son os mesmos que para o choque previo contra o Villarreal, con 25 euros para Fondo Norte e Fondo Sur, 35 euros para Preferencia e 45 euros para Tribuna para o público adulto, mientars que os menores de 16 anos deberán abonar 20 euros en Fondo Norte, Fondo Sur e Preferencia e 35 euros en Tribuna e os socios contan co acceso incluído no seu abono.

No que respecta á venda, segundo informa o Pontevedra as súas oficinas permanecerán pechadas os días 27, 30 e 31 de decembro, así como o 1 de xaneiro, pero manterase habilitada a plataforma online.