As compoñentes do equipo cadete de mazas do Club de Ximnasia As Triscas de Pontevedra foron obxecto este mércores dunha recepción oficial no Concello.
O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, explicou que o encontro se realiza "xesta obtida o pasado día 6 de outubro no Campionato Galego celebrado en Ourense, no que se proclamaron vencedoras e conseguiron a clasificación para o Campionato de España coa mellor nota".
Paula Gavilanes, Paula Palacios, Carla Filgueira, Lida Barrio e Marta Vicente forman equipo desde o ano 2016, en categoría infantil, cando se proclamaron campioas autonómicas e provinciais. Ademais o pasado ano, no seu primeiro como cadetes, colgaron a prata no Campionato Galego.
Agora o equipo pontevedrés prepárase para vivir a súa primeira experiencia nun Campionato de España, competición que afrontarán entre o 5 e o 10 de novembro en Pamplona.