Aprendizaxe e sufrimento a partes iguais para Irene Trabazo no berce mundial do ciclocrós

Marín
27 de decembro 2016

A ciclista marinense aproveitou as vacacións do Nadal para viaxar a Bélxica e participar en dúas das probas máis prestixiosas do ciclocrós mundial, o Superprestixio de Diegem e a Copa do Mundo de Heusden-Zolder

Irene Trabazo, durante a Copa Galicia de ciclocrós en Marín
Irene Trabazo, durante a Copa Galicia de ciclocrós en Marín / Diego Torrado

As datas do Nadal son para Irene Trabazo especiais, e non só polas reunións familiares, xa que son os días nos que pode gozar dunha experiencia única, competir no berce do ciclocrós mundial.

A ciclista marinense desprazouse estes días ata Bélxica para tomar parte en dous das probas máis prestixiosas do calendario internacional, o Superpretixio de Diegem e a Copa do Mundo de Heusden-Zolder.

Áun en categoría junior e competindo na elite coas mellores especialistas desta disciplina, Trabazo sabía que tocaba "sufrir" encima da bicicleta para seguir aprendendo e progresando, e así o fixo.

Concluíu ambas as probas na posición 46, en Diegem a 7'41'' da vencedora e en Zolder a 6'46'', que en ambos os casos foi a holandela Marianne Vos.

Tras estas dúas carreiras Trabazo mostrouse satisfeita sinalando que "despois dun ano volvemos sufrir e a deixalo todo sobre a pista".