A teconología na arbitraxe chega á Primeira RFEF.
Segundo adiantou o programa El Partidazo de Cope, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) aprobou a implantación do sistema Football Vídeo Support (FVS) na categoría na que vai xogar esta tempada o Pontevedra Club de Fútbol.
💥 Informa @partidazocope
— El Partidazo de COPE (@partidazocope) July 28, 2025
✅ Aprobado el VAR 'low cost' (FVS) en 1ª RFEF para esta temporada
📺 El árbitro revisará tras petición de los entrenadores
2⃣ Revisiones por equipo; si aciertan, las conservan
📅 En la Liga F podría aprobarse esta semana
📻 #PartidazoCOPE pic.twitter.com/SABk8paZB7
O FSV é un sistema similar ao VAR que utiliza a Liga de Fútbol Profesional, pero con menor custo de implantación nos estadios e con diferenzas no seu uso.
É unha especie de VAR de baixo custo, no que o colegido do encontro só revisará as xogadas polémicas si solicítano os adestradores.
Cada adestrador tería a posibilidade de solicitar dúas intervencións da videoarbitraxe por partido, e no caso de acertar conservarían a carta da revisión.
Iso si, só se poderían entrar a revisar xogadas decisivas: goles, penaltis, posibles expulsións directas e erros de identidade.
A diferenza do VAR, este sistema non require a monitorización continua do vídeo, polo que non sería necesaria a existencia dunha sala específica no estadio.