Ariana Collazo, a benxamina do novo proxecto do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional

Pontevedra
11 de setembro 2024

A xove xogadora, de só 15 anos, incorpórase ao equipo pontevedrés procedente do CW Santiago

Ariana Collazo, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra
Ariana Collazo, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O terceiro proxecto do Club Waterpolo Pontevedra na Primeira Nacional feminina segue collendo forma.

Faio coa confirmación por parte do club pontevedrés da súa segunda incoporación, a xogadora que será ademais a benxamina do plantel.

Trátase de Ariana Collazo, xogadora de só 15 anos que se incorpora ao equipo procedente do CW Santiago, do mesmo xeito que Saray Gilbert.

"Achegará dinamismo, intensidade e moitas ganas ao equipo" xogando nas posicións 4-5, afirma o Waterpolo Pontevedra.

XORNADAS DE CAPTACIÓN

Doutra banda a entidade deportiva abrirá as súas portas durante o mes de setembro para todos aqueles nenos e nenas que queiran probar o waterpolo, ofrecendo unha semana de adestramento de balde.

As sesións terán lugar no Complexo Deportivo Municipal de Campolongo os luns, mércores e venres de 16.00 a 17.00 horas (nacidos en 2015-16-17) e de 16.45 a 18.15 horas (anos 2013-2014). Pola súa banda os deportistas nados en 2012 e anos anteriores poderán probarse na piscina de Rías do Sur.

Para calquera aclaración pódese contactar co Club Waterpolo Pontevedra a través do correo electrónico [email protected] ou por teléfono 604 002 018.