O AROMON lánzase a organizar a primeira competición de escalada urbana de Galicia

Pontevedra
06 de maio 2025

O club deportivo avanza que na competición, contemplada dentro dos actos do seu 35 aniversario, vai desafiarse "a gravidade en lugares emblemáticos de Pontevedra"

O AROMON Pontevedra proba localizacións para o evento 'Ponte a escalar'
O AROMON Pontevedra proba localizacións para o evento 'Ponte a escalar' / Club AROMON Pontevedra

A escalada urbana chega á Boa Vila cunha nova e vistosa competición que prepara o Club AROMON Pontevedra.

Dentro dos actos previstos polo seu 35 aniversario, a entidade deportiva pontevedresa prepara estes días a que será a primeira competición desta modalidade en Galicia.

"Estamos percorrendo a nosa fermosa cidade, probando e marcando os distintos pasos de escalada que vos farán vibrar", explica o AROMON.

Avanzan desde o club que os escaladores desafiarán "a gravidade en lugares emblemáticos de Pontevedra".

Unha competición que será para todos os niveis e cuxos detalles se irán desvelando nos próximos días.

Bautizada como 'Ponte a escalar' terá lugar o próximo 24 de maio.