O Arosa acorda a cesión de Alejandro Seijo ao Estradense

O Salnés
20 de xuño 2026

O canteirán arlequinado xogará no Estradense de 3ªRFEF a próxima tempada en calidade de cedido para sumar minutos e continuar coa súa progresión

Alejandro Seijo, xogador do Arosa SC Arosa SC

Comezan os movementos nun Arosa SC que renovou recentemente a Gonza Fernández no banco da Lomba e que move ficha na parcela deportiva coa cesión dunha das súas novas promesas.

Trátase de Alejandro Seijo, dianteiro de 20 anos que irrompeu no primeiro equipo a pasada tempada con tres dianas en 22 partidos, tres deles como titular.

Os seus goles foron clave á hora de darlle puntos ao conxunto arlequinado, pois participou na goleada por 5-2 fronte ao Noia e fixo os tantos da vitoria fronte o Céltiga (3-4) e Silva (1-2) de forma consecutiva.

En relación a isto, o canteirán expresou que marcha "orgulloso e satisfeito de ter axudado a deixar o club onde se merece".

Doutra banda tamén se acordou de todos os adestradores e compañeiros que tivo ao longo de todos estes anos nas categorías inferiores da entidade arousá.

O club desexou sorte ao xogador nesta nova etapa e "espera contar co seu regreso na próxima campaña despois desta experiencia de aprendizaxe lonxe da Lomba".

Este novo reto para Seijo non será cousa menor, pois o dianteiro se une a un Estradense que buscará pelexar polos postos de play-off por terceira tempada consecutiva nunha sempre exixente Terceira Federación.

A súa achega no perfil ofensivo pode ser clave para os intereses do club e, á vez, axudará ao xogador a crecer como futbolista para regresar máis maduro a un Arosa que tratará de lograr a permanencia en Segunda RFEF.