O Grupo I de Terceira RFEF xa ten calendario.
A Real Federación Galega de Fútbol celebrou este martes o sorteo da competición.
Fíxoo nun acto celebrado no Pazo de Goiáns de Boiro.
Desta forma tanto o Arosa SC como Céltiga e Juventud Cambados, que regresa á categoría tras anos de ausencia, xa saben o camiño que lles depara a nova tempada.
No que respecta aos de Vilagarcía, abrirán a competición na casa o 7 de setembro recibindo o Silva, e pecharaa tamén como local o 10 de maio cun dos duelos de rivalidade comarcal fronte ao Céltiga.
Os da Illa pola súa banda, ademais de concluír a liga regular na Lomba, arrincarán na primeira xornada cun duelo a domicilio contra o Atlético Coruña Montañeros.
Pola súa banda o Juventud Cambados estrearase fóra da casa fronte ao Somozas e finalizará a competición visitando o Atlético Coruña Montañeiros.