O Arosa quedou sen disputar o play-off ao empatar 3-3 ante o Alondras na Lombra e é o Noia, que superou ao Betanzos 1-2, o que se coloca na quinta praza e xogará a fase de ascenso.
Os arlequinados foron sempre a remolque no encontro, que se complicou ao seis minutos cun gol de Roi Tato desde dentro da área pequena a pase de Samu. Antes, Pablo Goitia avisara enviando o balón ao lateral da rede.
O gol caeu como un xerro de auga fría no Arosa, que atopou o empate pasada a media hora de xogo. Samu meteulle o coiro a Compa ás costas da defensa para que o cruzase e batese a Brais Pereiro.
O partido estaba aberto e calquera dos dous equipos puido facer o segundo, pero non foi até despois do descanso, e máis concretamente ao tres minutos do regreso dos vestiarios, cando nun erro de Samu Santos custoulle aos locais o 1-2. Goitia correu pola dereita, entrou na área e bateu a Conde por abaixo.
Lemos moveu o banco, entrou Iñaki, que sen apenas ángulo devolveu outra vez a igualdade ao encontro.
O Arosa tivo o 3-2 nunha acción de Martín Diz pola esquerda, pero o remate de Compa salvouno Pereiro, que volveu salvar ao seu equipo tras un saque de esquina que finalizou Javi Rei.
A falta de dez minutos para a conclusión os visitantes e Fran López, nunha rápida acción pola dereita, transformou o 2-3.
Mentres, no partido entre Betanzos e Noia o conxunto visitante marcaba o 1-2, que deixaba fóra aos dous equipos que se estaban medindo na Lomba.
A pesar diso, o Arosa non deixou de pelexar e no 93 conseguiron o 3-3 cun derechazo desde o frontal de Martín Diz.
Houbo dous minutos máis en xogo e os arlequinados trataron por todos os medios conseguir o tres puntos, pero quedaron ás portas.
Este resultado deixou sen fase de ascenso tanto a Arosa como a Alondras e será o Noia, un recentemente ascendido, o que xogue o play-off.
Consulta a acta neste enlace