O Arosa blinda a portaría coa fichaxe de Manu Figueroa

14 de xullo 2025
Actualizado: 18:01

O xogador de 21 anos procede do Arenteiro, onde disputou as últimas dúas tempadas

Manu Figueroa, na súa presentación como xogador do Arosa
Manu Figueroa, na súa presentación como xogador do Arosa / Arosa SC

O Arosa deu a benvida este luns ao gardameta Manu Figueroa (Gondomar, 23/02/2004), que cumprirá o seu terceiro ano sénior no club arlequinado despois de estar no CD Arenteiro durante os dous últimos anos.

O porteiro chega a Vilagarcía para suplir a David Conde, quen rexeitou seguir no Arosa. A súa marcha obrigou ao club a buscar a outro porteiro e foi elixido Figueroa.

O de Gondomar formouse na canteira do RC Celta e despois xogou no Val Miñor e no Coruxo, onde disputou os seus dúas últimas tempadas como xuvenil en División de Honra.

Hai dous anos foise ao Arenteiro, onde apenas tivo protagonismo ao disputar 45 minutos durante as dúas tempadas.

Agora, Figueroa chega ao Arosa "moi ilusionado, con ganas de empezar e de darlle moitas alegrías á afección".

Manu defínese como un porteiro "valente, con moita confianza, cun bo trato de balón e bo baixo paus". Tamén recoñeceu ser moi traballador no día a día, "deixándome a pel en cada adestramento".

O gardameta convértese na cuarta fichaxe do Arosa esta tempada, xunto con Chema (Noia), Edgar (Vilalbés) e Lombao (Viveiro).

Tamén continuarán vestindo a camiseta arlequinada Mario, Torrado, Pacheco, Samu, Luís Castro, Tapha, Javi Rei, Concheiro, Iñaki, Rivera e Martín Diz.