O Club Baloncesto Marín Peixe Galego inicia a súa campaña de abonados para a tempada 2025-2026, na que militará en Terceira FEB.
Baixo a lema "Xuntos somos máis fortes", o club marinense volve apelar ao "alento e empuxe da afección" para que os axude a afrontar cada partido.
En canto ao prezo dos abonos, será o mesmo que o do curso pasado.
Haberá unha campaña exprés para todas aquelas persoas que queiran adquirir o seu abono a un prezo reducido antes do día 14 de setembro e, o día 15, incrementarase 5 euros.
As renovacións dos abonos individuais das persoas maiores de 18 anos (2007 incluídos) custarán 30 euros, o abono familiar terá un prezo de 50 euros e o carné novo (de 14 a 17 anos) será de 10 euros.
Os xogadores, adestradores e menores de 14 anos non pagarán.
No caso das novas altas, as individuais custarán 35 euros e, as familiares, 60.
Así mesmo, as persoas maiores de 18 anos con algún tipo de discapacidade terán un desconto de 20 euros e as menores terán o acceso gratuíto ao recinto.
A tramitación poderá facerse a través da aplicación 'Cluber' ou da web do Peixegalego.